Monday 29 de April de 2024

Excursión ao Aquarium Finisterrae do curso de Habilidades Sociais de Ordes


Os alumnos e alumnas do curso de Habilidades Sociais organizado polo Concello de Ordes desfrutaron dunha xornada inesquecible no Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes) na Coruña. Acompañados polas súas monitoras percorreron todas as instalacións deste interesante centro, sen perder detalle de todas e cada unha das especies marítimas que alí habitan.